Pontevedra regulará os lombos, avisa Moreira, "porque es lo que quieren los vecinos"
Por Alejandro Espiño
Tras o arquivo da ordenanza para regular os lombos, anunciado este luns polo goberno municipal, o portavoz do PP, Jacobo Moreira, advirte que esta normativa será aprobada "le guste a Lores o no", ao entender que "es lo que quieren los vecinos" tanto nas parroquias do rural como no centro urbano.
Así, os populares confirmaron que iniciarán de novo o proceso para que o pleno da corporación aprobe esta normativa, polo que Moreira asegura que o Concello "lo único que está haciendo es ganar tiempo".
"Los vecinos reclaman sentido común y el PP está por aplicarlo", aclarou o voceiro do PP, que engadiu que o seu partido está a favor dos lombos "pero con una normativa que los regule".
O voceiro popular asegurou que "hay sitios en los que hay que poner lombos", pero nalgúns casos "están haciendo auténticas salvajadas", ao dificultar a circulación polas estradas das parroquias do rural.
Moreira lamentou que o alcalde sexa un "tahur del juego sucio" y se dedique a "calumniar" al Partido Popular afirmando "barbaridades" como un suposto apoio do PP aos danos realizados en sinais de tráfico. "Estas cosas se dicen cuando uno no tiene argumentos y se siente acorralado", dixo.
Ademais, Jacobo Moreira criticou a "cobardía" do goberno municipal por non acudir ás asembleas veciñais para explicar a súa política de calmado de tráfico. "En política hay que dar la cara siempre, porque allí estuvieron todos los partidos salvo en BNG", unha formación que, segundo o PP, "impone sus proyectos en lugar de exponerlos".
Ante a "desatención", o PP convocou unha reunión con todas as asociacións que forman parte dos consellos parroquiais.
Terá lugar o vindeiro venres 7 de xullo, ás 20:30 horas, na Casa das Campás, e a ela están convidados todos os colectivos "que lo deseen", matizou Jacobo Moreira, porque "nosotros no dividimos a los vecinos, sino que venimos a sumar".
Relacionadas:
-
Os lombos na PO-223 entre Lérez e Xeve, rexeitados só por Cidadáns
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O BNG buscará apoio no pleno para pedir á Xunta lombos en Lérez e Xeve
Por Diego Espiño |
-
O PP reúne veciños do rural para criticar as "imposicións" do goberno nas parroquias
Por Redacción |
-
Castelao defende os lombos no rural e reclama que se coloquen por criterios técnicos
Por Redacción |
-
O goberno local arquiva a nova ordenanza de lombos do PP
Por Oskar Viéitez |
-
A Plataforma "O Rural Existe" reclama menos lombos
Por Oskar Viéitez |
-
Lores nega abandono no rural: "Gastamos de media cinco veces máis por habitante que na cidade"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada