Os sindicatos non levantan a protesta no transporte
Por Oskar Viéitez
Este martes hai folga de transporte por estrada desde as seis da mañá e todo apunta a que os paros se repetirán o mércores.
Nas primeiras horas a estación de autobuses de Pontevedra permaneceu parada. Están a cumprirse os servizos mínimos. Algúns deles, como o bus da Lama, escoltados pola Garda Civil.
Celebrouse unha asemblea de traballadores de Pontevedra na que se decidiu secundar a convocatoria de folga indefinida para a próxima semana. A decisión da asemblea quedará supeditada ao avance da negociación.
Esta quinta xornada de folga está marcada polas negociacións que manteñen as tres partes enfrontadas neste conflito: traballadores, patronal e Xunta.
Nas reunións deste luns en San Caetano aproximáronse as posturas. Segundo informaron os sindicatos está a estudarse un a un, a rendibilidade económica dos contratos propostos pola Xunta, "a subrogación dos traballadores non vale nada se non se destina a cantidade adecuada e real a cada concurso", apuntaron.
A Xunta está disposta a negociar unha parte do seu modelo de transporte que os empresarios queren estudar con calma para garantir os seus ingresos. Pola súa banda os traballadores desexan un novo convenio no sector tras cinco anos co soldo conxelado e piden que se garanta o emprego.
Relacionadas:
-
Volta á normalidade no transporte de autobuses co conflito aínda latente
Por Oskar Viéitez |
-
Suspenden a folga de autobuses tras un principio de acordo entre sindicatos e patronal
Por Redacción |
-
O BNG reclama a paralización do plan de transporte de Galicia e a apertura dun proceso de negociación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os piquetes fanse notar na cuarta xornada de paro no transporte
Por Oskar Viéitez |
-
Empezan dúas novas xornadas de folga de autobuses "con todo parado"
Por Oskar Viéitez |