Hoxe temos un programa moi especial en PontevedraViva Radio. Imos deixar a un lado a programación habitual. E todo porque nesta ocasión temos que dar unha alerta a todos os cidadáns.
Foron avistados pola cidade de Pontevedra uns martinetes voadores máxicos.
As áreas onde se puideron ver estes paxaros son a Praza do Teucro, a Alameda, os Xardíns de Vicenti, a Praza da Estrela, a Praza da Ferrería, a Praza da Verdura, a Praza da Peregrina, a Praza de Barcelos e a rúa Padre Isla.
Falamos coa ornitóloga Laura Carvalho, que recomenda á poboación que conserve estas plumas pois aínda se descoñecen as súas propiedades.