A Feira Labrega pon en marcha unha quincena festiva en Meis
Por Redacción
Meis acolleu este domingo unha nova edición da Feira Labrega, que recrea o antigo esplendor da feira de gando de Mosteiro que xunto á Festa dos Callos e o Benirock ou o San Benito conforman unha quincena festiva no calendario local deste municipio do Salnés.
O día grande dos festexos será o vindeiro domingo 9 de xullo coa Festa dos Callos cun prezo de seis euros a ración individual e de 120 para reservar unha mesa para 14 comensais.
A xornada completarase coa cuarta edición dunha ruta en bicicleta de montaña (BTT) e cunha "andaina".
Tamén terá lugar a segunda feira de verán do galo de curral, protagonizada por criadores de Meis, e haberá festexos en honra a San Cristóbal e a San Benito que chega cun festival de Rock debaixo do brazo.