O PP recomenda alugar fincas particulares en Combarro para facer "leiraparquins"
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular en Poio pide aparcamentos disuasorios e un plan de tráfico especial para Combarro "pensando en todos".
O concelleiro popular Tucho Muíños pide medidas para "evitar o colapso en Combarro", como aparcamentos disuasorios, sinalización e unha "xestión eficiente" do tránsito.
O PP propón alugar fincas na contorna para habilitar aparcamentos disuasorios, sinalizar espazos existentes e crear áreas de recollida para turistas.
Tucho Muíños lamenta que "todas as medidas do Bipartito se toman sen pensar na xente nin nos negocios de Combarro" e recorda que se se quere vivir do turismo hai que saber "xestionar, convivir cos veciños e dotar de infraestruturas".
Finalmente este concelleiro denuncia que algúns locais están perdendo clientes que marchan ao non atopar aparcamento e mesmo anulan reservas "facer eventos está ben pero non poden converterse en enemigos dos veciños e os negocios".