Atopan con vida á muller desaparecida desde o venres en Marín
Por Oskar Viéitez
Dolores Nores Pastoriza, coñecida en Marín como Lola Cosecha, apareceu con vida.
O seu marido denunciara a súa desaparición o venres ao mediodía e desde entón non se tiñan noticias do seu paradoiro.
Afortunadamente, ás seis desta tarde, a muller apareceu en bo estado de saúde nas inmediacións do seu domicilio na zona de Sete Espadas.
Un equipo médico examinou a esta veciña de 60 anos que se atopaba nunha finca algo desorientada.
As explicacións da súa familia alertando que Lola estivo internada por depresión, e que "levaba uns días mal" presaxiaban un mal final para esta historia. Por sorte non foi así.