O Concello de Cuntis pecha a burga Lume de Deus
Por Redacción
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, asistiu este venres ao peche da burga, Lume de Deus que deixa de botar auga para goce dos veciños e turistas.
A Policía Local de Cuntis procedeu ao levantamento da correspondente acta.
Entre o 1 de xullo e o 30 de setiembre, o seu caudal é desviado ao Balneario.
Trátase esta de unha concesión establecida por Industria á que os concellos como Cuntis xa expresaron a súa firme vontade en que se cambie a Lei de Augas.
Esta postura xa foi defendida no último congreso de vilas termais celebrado en Caldas de Reis e Cuntis organizado pola Federación Española de Municipios e Provincias, que está a dar pasos importantes neste sentido.