Retoman o xuízo contra os donos do Habana Club de Vilaboa
Por Oskar Viéitez
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra retomará este próximo martes o xuízo contra os catro socios de Investimentos C. S.L., a empresa que xestiona o Habana Club, local de alterne situado en Vilaboa.
A vista quedara aprazada despois de que tribunal suspendese a vista ante a incomparecencia das traballadoras o pasado mes de abril. Nese momento xa se comentou que a localización destas persoas era moi complexa xa que a maioría son estranxeiras e algunhas que regresaron aos seus países de orixe.
A Fiscalía solicita penas que suman oito anos de prisión para os catro procesados ao entender que cometeron un delito contra os dereitos dos traballadores ao non dar de alta na Seguridade Social a oito empregadas.
Ademais das penas de prisión, a Fiscalía tamén pide a imposición de multas de 5.400 euros para cada un dos acusados.
Relacionadas:
-
A Fiscalía mantén a petición de prisión para os donos do Habana Club de Vilaboa
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os donos do Habana Club defenden que o seu negocio era de hostalería e non un local de alterne
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os donos do Habana Club defenden que o seu negocio era de hostalería e non un local de alterne
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |