Comeza a campaña de incendios con "maior preocupación"
Por Oskar Viéitez
O Ministerio do Interior admite que este ano existe "maior preocupación" polos incendios en Galicia tras un inverno e primavera "especialmente secos", unido á previsión dun verán cunhas temperaturas "lixeiramente superiores" a outros anos.
Este sábado actívase oficialmente o Pladiga, o plan anual da Xunta para combater os incendios forestais, que contempla mesmos medios no noso distrito, cunha base de helicópteros no Campiño.
Un total de 1.197 persoas forman parte das 120 brigadas incluídas neste Plan de loita contra o lume na provincia de Pontevedra.
O municipio de Pontevedra e dez concellos da comarca repiten este ano como "zonas de alto risco" de incendios na que destacan como de "alta actividade incendiaria" a parroquia caldense de Saiar, a de Soutomaior e a de San Xoán de Poio.