Os abolicionistas lanzan unha ofensiva para impedir un tentadeiro en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas respondeu ao anuncio da realización dun tentadeiro na praza de touros de Pontevedra previsto para o domingo 16 de xullo, co lanzamento dunha ofensiva que incluirá participación cidadá, accións políticas e solicitudes de información ao goberno local.
Nun comunicado difundido polo colectivo ablicionista sinalan que os tentadeiros "benefícianse na comunidade dun recoñecido baleiro legal, onde se empregan animais que, en moitos casos, non superan os tres anos de idade", e ademais, segundo a propia plataforma, "existen serias dúbidas legais acerca do anuncio no coso de San Roque e da potencial participación de persoas non profesionais, como parece suceder o pasado ano baixo ese formato".
Galicia, Mellor Sen Touradas xa rexistrou un escrito dirixido ao goberno municipal para coñecer "se ten datos do anuncio do lobby taurino", xa que entende este colectivo que lle corresponde ao Concello a "emisión da preceptiva licenza".
Finalmente no seu escrito esta plataforma sinala que "o Concello debería tomar partido nesta batalla", entendendo que "se realmente queren acabar coa tauromaquia, deben dificultar a súa continuidade no municipio con todas as ferramentas administrativas, competenciais e legais ao seu alcance".
Relacionadas:
-
Críticas por un 'tentadero' taurino en Moraña
Por Redacción |
-
Os antitouradas ven "bastante preto" o final dos touros en Galicia e sairán á rúa a pedilo
Por Alejandro Espiño |
-
Denuncian ante a Valedora do Pobo o abono taurino para menores da Feira da Peregrina
Por Oskar Viéitez |
-
O man a man entre os irmáns Rivera Ordóñez, estrela do cartel de touros da Peregrina
Por Ramiro Espiño |
-
Pontevedra renovará o convenio para usar a praza de touros durante a Feira Franca
Por Alejandro Espiño |
-
Marea Pontevedra insta o Concello a usar a praza de touros gratis durante o mes da Feira Franca ao ser copropietario
Por Anxo Lourido |
-
O PP da Deputación leva a contraria a Rajoy e apoia unha moción para que non se rebaixe o IVE ás corridas de touros
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Propoñen un referendo sobre o convenio taurino que sexa vinculante para o próximo goberno local
Por Oskar Viéitez |