Os piquetes fanse notar na cuarta xornada de paro no transporte
Por Oskar Viéitez
Varios autobuses da compañía Monbus que cubrían os servizos mínimos fixados para conectar Pontevedra e Marín sufriron picadas nas súas rodas este mércores na estación de Pontevedra, nunha nova xornada de folga.
A Policía tivo intervir para que saíse un autocar que trasladaba a turistas canarios ao aeroporto de Barajas. Este servizo discrecional tivo que facer parada na terminal pontevedresa debido a unha avaría onde se atopou cun piquete que lle puxo problemas.
Así mesmo, tamén en Pontevedra, un grupo numeroso de condutores e delegados sindicais acudiron ao edificio da Xunta en Fernández Ladreda onde se reuniron co xefe territorial de transporte despois de protagonizar un peche simbólico.
As agrupacións sindicais que convocan os paros -CIG, CCOO e UXT- cifraron no 95 por cento o seguimento autonómico desta xornada de folga.
A folga parte do plan de transporte da Xunta, e tanto os sindicatos como a patronal coinciden en que os novos contratos son negativos para o servizo, pois denuncian que con eles xuntarase o transporte de escolares e o do resto de usuarios, coa consecuente redución de liñas.
Relacionadas:
-
Volta á normalidade no transporte de autobuses co conflito aínda latente
Por Oskar Viéitez |
-
Suspenden a folga de autobuses tras un principio de acordo entre sindicatos e patronal
Por Redacción |
-
O BNG reclama a paralización do plan de transporte de Galicia e a apertura dun proceso de negociación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os sindicatos non levantan a protesta no transporte
Por Oskar Viéitez |
-
Empezan dúas novas xornadas de folga de autobuses "con todo parado"
Por Oskar Viéitez |
-
Os sindicatos sinalan un seguimento masivo da folga de transporte e a Xunta abre expedientes
Por Redacción |
-
Comeza a folga do sector do transporte
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada