Tres días de concentración moteira en Marín
Por Redacción
A concentración moteira "Vila de Marín" desenvolverase os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo.
Este luns presentouse o evento, organizado este ano por Moteiros de Tolundes en colaboración co Concello.
Na programación figuran concertos, rutas moto turísticas, un concurso de motos transformadas, unha exhibición de stunt, e ruta nocturna con fachos.
Segundo avanzaron durante o encontro no consistorio, espérase que acudan a cita centenares de moteiros.