O instituto de Vilalonga organiza un foro sobre vehículos autónomos e eléctricos
Por Oskar Viéitez
Os días 28 e 29 de xuño celebrarase o sexto Foro de Innovación Tecnolóxica na Automoción, organizado polo Departamento de Automoción do IES de Vilalonga.
Este foro está enfocado ao profesorado de automoción de F.P. da familia de Transporte e Mantemento de Vehículos e atópase dentro das actividades de formación do CFR de Pontevedra, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Este ano está dedicado á "Electromovilidad autónoma" e para iso o xornalista Álvaro Sauras de Luike Motorpress disertará sobre a condución autónoma. A idea de viaxar en coche mentres revisamos o portátil ou lemos un libro está cada vez máis preto.
Ao foro asistirán unhas 200 persoas entre profesores e persoal relacionado co mundo da automoción, provenientes de toda a xeografía española.
Este ano as xornadas cambian de formato e desenvolverase en tres partes e con dúas sedes.
O mércores 28 pola mañá, no Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, lugar onde se realizarán os relatorios teóricos farase o acto de inauguración con presenza de diversas autoridades. Esta sesión da mañá péchase co bloque de Innovación na FP de Automoción, un espazo de exposición de Proxectos de Innovación, onde os profesores de toda Galicia expoñerán os seus propios.
Ese mesmo día pola tarde, nas instalacións do IES de Vilalonga, celebraranse os talleres prácticos, que versarán sobre Pintura vinílica, Aerografía, Fabricación de escapes artesanais, Sonda Lambda e a súa evolución, Iluminación Led-laser, últimas tecnoloxías en soldadura de aceiro inox TIG, na que participan marcas de compoñentes, fabricantes de vehículos como PSA desde a súa fábrica de Vigo, así como os concesionarios de Bmw, Psa, Citroen, Renault, Lexus, Ford, Bosch ou Hella.
Paralelamente os asistentes ao Foro poderán probar vehículos de distintas marcas, Nissaan, Bmw, Lexus Renault e Toyota cos últimos avances en tecnoloxía eléctrica e híbrida.
A xornada do xoves dedicarase a novidades tecnolóxicas das marcas Hella e Bosch. Ademais, presentaranse as experiencias prácticas dos proxectos de innovación na F.P. de Automoción en Galicia.
Ao mesmo tempo de desenvolvemento do foro e como novidade, realizaranse, como actos paralelos, dúas actividades. A primeira, consistente nunha exposición de vehículos Innova, no recinto do instituto. E a segunda, na exposición de libros técnicos por distintas editoriais, así como exposición de utillaje e ferramentas.
Relacionadas:
-
O IES de Vilalonga celebrará o seu Foro de Innovación Tecnolóxica o 19 e 20 de maio
Por Redacción |
-
Segundo o CSIC, en 2020 os vehículos sen condutor poderán ser unha realidade nas nosas estradas
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Sanxenxo acollerá unha exhibición de "Platero", o coche que conduce só
Por Oskar Viéitez |