Un motorista ferido nun choque cun turismo en Eduardo Pondal
Por Redacción
Un motorista resultou ferido na mañá deste luns nun accidente de tráfico rexistrado na rúa Eduardo Pondal de Pontevedra.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o accidente consistiu nunha colisión entre unha moto e un turismo producida sobre as 11:45 horas.
Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para dar conta dos feitos e explicou que só resultara ferido o motorista, que permanecía tendido no chan.
O persoal da central de emerxencias do 112 alertou a Urxencias Médicas, ós Bombeiros de Pontevedra, a Protección Civil e á Policía Local.