Un incendio calcina un barco abandonado en Vilanova
Por Redacción
Os Bombeiros do Salnés, Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, Protección Civil e a Policía Local de Vilanova de Arousa tiveron que intervir na madrugada deste sábado ante o incendio declarado nunha embarcación abandonada.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o barco estaba varado nunha zona de pouco calado do porto de Vilanova e o incendio calcinouno por completo.
Os Bombeiros do Salnés alertaron da situación ao 112 Galicia ás 0.15 horas desta madrugada. Decontado, o persoal da central do 112 informou a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, a Protección Civil e á Policía Local.
Segundo se lle indicou ao 112, non se descarta que o lume poida ser provocado.