O fin de curso escolar celébrase na Alameda de Ponte Caldelas
Por Redacción
A Alameda de Ponte Caldelas celebrará o fin de curso escolar cunha festa pensada para toda a familia.
A iniciativa, ideada pola asociación de comerciantes locais Coempo e o Concello, celebrarase o domingo 2 de xullo de 16:30 a 21:30 horas.
Totalmente de balde, a actividade incluirá unha festa da escuma, globos de auga e tamén se instalará un gran inchable acuático, xa que o líquido elemento será protagonista da xornada.
O único requisito por tanto, lembraron os organizadores na súa presentación, será acudir cun bañador ou roupa apropiada, estando dirixida a festa para os escolares e familias de toda a bisbarra.