A Deputación abrirá unha segunda convocatoria para crear parques forestais nos montes da provincia
Por Oskar Viéitez
O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, anunciou a próxima apertura dunha segunda convocatoria para a creación de parques forestais nos montes da provincia ante o "interese" detectado por esta iniciativa que conleva unha tramitación "demasiado lenta".
Segundo explicou este venres na rolda de prensa para informar dos asuntos da Xunta de Goberno, hai moitos concellos que mostraron interese nas axudas ofrecidas pola institución provincial para a mellora dos montes, mais "non deron resolto en prazo" os trámites necesarios para presentar as súas solicitudes, polo que a intención é darlles unha segunda oportunidade.
A convocatoria da Deputación aberta en abril e pechada o pasado 5 de xuño reuniu 25 peticións por parte de 11 concellos da provincia, unha cifra que Mosquera considerou "bastante elevada". Presentaron propostas, entre outros, os municipios de A Illa de Arousa para Monte Palmeira; Cerdedo-Cotobade para Carballedo e Tamonde así como Vilaboa para Santa Cristina de Cobres.
A suma económica das solicitudes chega aos 789.569,65 euros do 1,2 millóns de euros dispoñibles.
As subvencións destinadas á mellora dos montes mediante a creación de parques forestais teñen como obxectivo principal crear áreas de uso público e disfrute da cidadanía mediante a posta en valor de áreas de monte comunal con valores paisaxísticos, produtivos ou ambientais. Para garantir este fin nas bases estableceuse a obriga de que debían ser os concellos os que solicitasen as subvencións á Deputación en lugar das comunidades de montes.
As bases tamén restrinxiron as características específicas das actuacións a subvencionar, aceptando as replantacións, pero non como obxectivo único, senón como complemento doutros aproveitamentos de tipo gandeiro, micolóxico ou de ocio. Así mesmo, era obrigatorio que as actuacións estivesen encadradas nunha superficie global 50 hectáreas de terreo.
Relacionadas:
-
O retraso de Patrimonio pon en perigo dous proxectos de parques forestais en Santa Cristina de Cobres
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación aproba axudas para crear novos parques forestais
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación reedita o seu plan para abrir os montes ao público
Por Oskar Viéitez |
-
Cerdedo-Cotobade deseña dous parques forestais para Tomonde e Coirego
Por Redacción |
-
Xornada para analizar os efectos dos incendios forestais e do cambio climático nos montes veciñais
Por Redacción |
-
Sairá adiante a proposta para crear parques forestais nos montes da provincia?
Por Oskar Viéitez |
-
Admítense suxestións para a creación de parques forestais
Por Redacción |