Este sábado arrancan en Pontevedra as oposicións da Xunta para ser profesor
Por Oskar Viéitez
Este sábado máis de 14.400 opositores iniciarán o proceso selectivo para conseguir unha das 1.043 prazas de profesores no ensino público galega.
En Pontevedra serán 11 os centros educativos os que acollan estes exames
Os profesores de ensino secundario e dalgunhas especialidades de FP deberán acudir dous días, xa que a segunda parte da proba realízase o luns 26.
- Os institutos Sánchez Cantón e Luís Seoane acollerán os tribunais de Lingua castelá e literatura.
- No IES A Xunqueira II e o Frei Martín Sarmiento serán os de Matemáticas
- O Torrente Ballester acollerá os de Asesoría e Procesos de imaxe persoal
- A Cidade Infantil Príncipe Felipe, os de Hostalería e turismo
- O CIFP A Xunqueira acollerá os tribunais de Equipos electrónicos
- A Facultade de Ciencias Sociais acollerá tres tribunais das oposicións de mestre de Educación infantil.
- O IES Valle Inclán, as de Educación física e Inglés
- O CEP Campolongo, as de Música
- O IES A Xunqueira I, as de Primaria