Un certame de música e outro de teatro visibilizará a desigualdade de xénero
Por Redacción
Levar a loita pola igualdade de xénero máis aló do 25 de novembro ou o 8 de marzo. Ese é o obxectivo da 'semana da igualdade' que decidiu organizar o Consello da Muller, que levará a cabo de 9 ao 13 de outubro.
Dous concursos, un de música e outro de teatro, servirán de puntos centrais dos actos deste semana, que buscará visibilizar as desigualdades de xénero.
No caso do certame musical as pezas que concursen deberán terner unha duración máxima de 5 minutos, e no caso das teatrais non poderán pasar dos 15.
O premio para o gañador do concurso de música será o ser teloneiro no Concerto pola Igualdade que se celebrará en outubro, mentres as pezas teatrais serán publicadas no blogue de Igualdade.
O prazo de inscrición para participar nestes consursos permanecerá aberto do 1 de xullo ata o 31 de agosto.