Continúan as obras do enlace de Calvelo en Tenonio ao expropiar a última propiedade afectada
Por Redacción
O Ministerio de Fomento decidiu reiniciar a construción da ligazón de Calvelo, na parroquia de Tenorio, do Concello de Cerdedo-Cotobade. Esta actuación realízase unha semana máis tarde de que se asinaron as actas previas á expropiación por parte do propietario da última leira afectada por estas obras. O proxecto iniciouse en novembro pero foi necesario deteneralas por un problema na consecución deste predio.
O presidente de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela sinala que polo procedemento habitual as obras tardarían meses en retomarse pero afirma que conseguiu axilizar o acto administrativo negociando co departamento do Ministerio.
O obxectivo destas obras é mellorar a seguridade viaria na estrada nacional N-541. Contan cun orzamento de 700.000 euros. Estes traballos permitirán aos veciños de Calvelo contar cun acceso directo ás súas vivendas sen ter que desprazarse ata Tenorio para facer un xiro que lles permita salvar a liña continua existente.
Esta previsto que se constrúa un aparcadoiro para que haxa espazo para os vehículos dos veciños e tamén se instalará unha para de autobuses para facilitar a subida e baixada dos pasaxeiros.
O goberno local espera que as obras finalicen ao longo deste ano.