A Garda Civil recolle 2.000 litros de leite para o Banco de Alimentos
Por Oskar Viéitez
Os axentes da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra participaron na campaña "Ningún neno sen bigote", posta en marcha pola Obra Social "La Caixa", recollendo 2.000 litros de leite que agora serán repartidos entre os Bancos de Alimentos para que todos os menores de familias sen recursos poidan dispoñer da súa achega de leite diario.
A campaña está enfocada á época estival cando moitos comedores escolares pechan e descenden as doazóns ás entidades sociais.
Segundo explicou o comandante José Corral os axentes que traballan no Plan Director de Mellora da Convivencia Escolar e tamén os do Seprona encargáronse de dinamizar esta iniciativa.
José Luis Doval, representante en Pontevedra da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo agradeceu esta achega que considera moi importante para manter o seu stock deste alimento no verán.
Ata a Comandancia de Pontevedra tamén acudiron para participar neste acto o representante da Obra Social da Caixa, José María Landín e a subdelegada do Goberno, Ana Ortiz, que destacou a solidariedade mostrada polos axentes con esta iniciativa.
Relacionadas:
-
O garda civil máis veterano da Comandancia: 46 anos de uniforme e a vocación intacta
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
O Banco de Alimentos en Pontevedra necesita voluntarios para a súa recollida solidaria do 1 e 2 de decembro
Por Oskar Viéitez |
-
A Fundación Provincial Banco de Alimentos recibe unha furgoneta doada por ENCE
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos recolle uns 3.500 quilos de comida na súa última Operación Quilo
Por Redacción |
-
O Plan Director da Garda Civil chegou este curso a máis de 25.000 escolares pontevedreses
Por Redacción |