A vaga de calor dispara a venda de ventiladores en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A vaga de calor que está a azoutar gran parte de Galicia está a disparar as vendas de aparellos de aire acondicionado de tipo "pingüín" e ventiladores.
As temperaturas inusualmente altas coas que se está despedindo a primavera deixou sen existencias aos grandes almacéns e a algunhas tendas.
Os primeiros en esgotarse en Pontevedra están a ser os aparellos de gama baixa e media, de ata 200 euros. Están a venderse como churros os clásicos ventiladores, que poden roldar entre os 30 e 50 euros.
Obviamente este fenómeno non é exclusivo da cidade do Lérez e en todo o país está a repetirse casos similares que ademais ten o seu reflexo no incremento do consumo eléctrico debido ao uso intensivo destes aparellos.
Moitos cidadáns ante esta situación acudiron á compra online pero distribuidores como Amazon tamén están a vivir este problema o que se ve reflectido no tempo de entrega dos pedidos.
Relacionadas:
-
A gardería infantil de Tenorio contará con climatización para combater a calor
Por Redacción |
-
Funcionarios "achicharrados" reclaman a climatización urxente da Audiencia Provincial
Por Oskar Viéitez |
-
Guía de consellos para coidar a saúde dos nenos no verán
Por Redacción |
-
Baixa a temperatura aínda que seguirá apertando a calor
Por Redacción |