Ollo! Regresan a Pontevedra os "furtos amorosos"
Por Redacción
A Policía Nacional volveu detectar en Pontevedra a presenza de persoas que se dedican aos "furtos amorosos". Trátase de xente que se aproxima, sobre todo a xente de idade avanzada, con diversas escusas coa fin de gañarse a súa confianza e así manter un contacto físico que lles permita subtraerlles obxectos sen que se decaten.
Desde a Comisaría alertan que estes individuos escollen ás súas vítimas e diríxense a eles apelando a unha presunta semellanza con algún familiar, para consultar unha dirección, ou mesmo para ofrecerlles contactos sexuais.
Unha vez que xa crearon este primeiro vínculo, os autores establecen contacto físico coas súas vítimas e aproveitan para subtraerlles os obxectos de valor que leven encima.
Na maioría dos casos, as vítimas non se dan conta de que lles roubaron ata que os ladróns marcharon do lugar, o que lles leva a pensar algunhas veces que se trataba dunha perda e non dunha subtracción.
Estes individuos, segundo a Policía, divídense en equipos de traballo constituídos por un condutor, xeralmente home, que se encarga do transporte, localización das vítimas e facilitar a fuxida e polo menos dúas mulleres encargadas de cometer directamente a subtracción.
Se algunha vítima dáse conta que tentan subtraer as súas pertenzas, os autores non dubidan en utilizar a violencia ou a intimidación.
Nas últimas semanas denunciáronse dous casos na comisaría de Pontevedra.
En ambos ás vítimas, un home e unha muller, de idades comprendidas entre os 67 e 69 anos subtraéronlles xoias de ouro, cadeas, pulseiras e un reloxo de gran valor.
Nun dos casos a muller que estaba dentro dun vehículo solicitoulle información sobre a localización dun ambulatorio á vítima, tras o cal unha vez que esta se asomou ao portelo para mostrarlles o camiño, subtraeulle unha cadea de ouro cun crucifixo e unha pulseira de ouro no momento de mostrarlle o seu agradecemento.
Outro home foi abordado, segundo a segunda denuncia, cando permanecía sentado nun banco por unha muller nova que se mostrou moi cariñosa e mesmo chegou a ofrecerlle servizos sexuais. Tras irse do lugar decatouse de que lle subtraeran o reloxo.