O luns comezan os traballos de ampliación das beirarrúas en Cuña Novás
Por Redacción
O Concello de Pontevedra inicia este luns traballos de accesibilidade na rúa Cuña Novás, perpendicular a Fernández Ladreda, que suporán a reordenación do tráfico.
A actuación céntrase na primeira parte da rúa, moito máis estreita que no tramo final.
Neste punto ampliaranse as beirarrúas até cumprir os estándares de accesibilidade e crearanse dous carrís de 2,50 metros de ancho.
Tamén se mellorará a beirarrúa do interior da rúa substituíndo, reparando ou colocando lousas que poidan estar levantadas ou rotas.
Finalmente, está previsto un aglomerado integral e o pintado dunha nova sinalización horizontal, creando un espazo de libre de estacionamento ao final da rúa para que os coches poidan dar volta con seguridade e facilidade.