A Ferrería acolle o monólogo "Salvar ao cooperativista Adrián"
Por Redacción
A campaña "Cooperativismo en movemento", coa que a Xunta está levando ás vilas galegas as vantaxes deste modelo empresarial, fixo escala este sábado en Pontevedra cunha exposición e o espectáculo de humor "Salvar ao cooperativista Adrián" do monologuista Marcos Pereiro.
A través de diferentes elementos e recursos, combinados co seu particular humor, amosou ao público asistente o que se pode chegar a facer cooperando cos demais "e incluso cun mesmo".
A Praza da Ferrería acolleu esta iniciativa, promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que está enmarcada dentro da programación que se está desenvolvendo no mes previo ao Día do Cooperativismo Galego, que se celebrará o sábado 1 de xullo.