VIDEO.- Zumba baixo o sol na Ferrería
Por Redacción
Pontevedra sumouse ao día dos Imparables, con actividades deportivas gratuítas para os máis animados.
De 10.30 a 13.30 horas na praza da Ferrería e cunha calor asfixiante un grupo de deportistas participaron nunha clase de Zumba e outra de Body Combat.
O Centro Deportivo Rías do Sur Pontemuiños quixo colaborar deste xeito cunha iniciativa que impulsa a Fundación Josep Carreras contra a leucemia.
Na campaña "Imparables ata que a curemos" participaron pacientes, ex pacientes, familiares e amigos celebrando este día.