As festas do Carmen traerán a Marín aos Hombres G e a París de Noia
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín presentou o programa das Festas do Carme, que inclúen as actuacións no Parque Eguren de Hombres G, Treixadura.
Lugar destacado ocupan as verbenas da Praza de España coas orquestras París de Noia, Gran Parada, D'Moda, Marbella, Los Satélites, Pontevedra, Principal e Televisión.
Mantéñense ademais os festivais Marina Fest e Marín Vivo, que inclúe as actuacións dos Mambo Jambo, The Limboos e Familia Caamagno.
As festas van do 7 de xullo ata o día 16.
Nos próximos días desvelaranse todos os detalles destas Festas do Carme 2017.