Máis profes para o cole de Chancelas!
Por Redacción
Este venres tivo lugar a segunda das concentracións protesta organizadas polo ANPA O Xunqueiro do colexio de Chancelas para reclamar á Xunta que destine a máis profesores a este centro educativo.
Na mobilización participaron membros da corporación local que alertaron que este colexio duplicou o número de alumnos sen que a Consellería de Educación reforzase a dotación de profesores.
Os representantes do ANPA queren manter un encontro co xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, para trasladarlle as súas demandas.
A comunidade educativa do colexio de Chancelas reclama a incorporación desde o inicio do curso de máis docentes para Primeiro, para Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e tamén un coidador.
Relacionadas:
-
Pérez Ares supedita aos informes técnicos o desdoble no colexio de Chancelas
Por Redacción |
-
A ANPA do CEIP Chancelas volve ás protestas para reclamar unha aula máis en Primeiro
Por Redacción |
-
Denuncian aglomeración de escolares no último curso de Educación Infantil no CEIP Chancelas
Por Redacción |