Traballadores de prisións protestarán en Pontevedra contra a "falta de persoal" e contra "a política de privatización"
Por Oskar Viéitez
Os traballadores de prisións concentraranse este martes 21 de xuño ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra contra a "falta de persoal" e contra "a política de privatización que leva a cabo o Goberno nun sector público prioritario", e que custou ao Estado, polo momento, segundo as cifras que manexan os sindicados, 115 millóns de euros.
A concentración foi convocada por Funcionarios de prisións unidos.
Os sindicatos maioritarios agrupáronse nunha plataforma que demanda "unhas condicións dignas" para os traballadores de prisións, afectados pola falta de persoal.
Ademais de denunciar que as prazas vacantes por xubilacións non se cobren estes funcionarios aseguran que sofren, cada día nos cárceres españois, unha media de dúas agresións por parte dos presos.
Os traballadores de prisións tamén protestan pola política de privatización do Goberno, coa introdución de vixiantes xurados nos cárceres; un proceso que se iniciou en 2013.
Relacionadas:
-
Funcionarios da Lama denuncian falta de persoal e seguridade e alertan de que precisan 50 compañeiros máis
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Intercambio de ideas entre os representantes da Administración do Estado na provincia
Por Redacción |
-
A Lama pide apoio á Xunta para reclamar unha compensación económica polo cárcere
Por Redacción |