Piden seis anos de cárcere a un empresario por estafar a Toyota enviando area en lugar de po catalítico
Por Oskar Viéitez
No banco dos acusados da sección cuarta da Audiencia de Pontevedra sentará os próximos días 20 e 22 o empresario Javier Agostini, de orixe cubana e radicada en Mondariz, protagonista de singulares protestas ao crucificarse ante os xulgados de Ponteareas, percorrer 50 quilómetros cunha cruz ao lombo ou repartir panfletos en contra dun xuíz disfrazado de Mickey Mouse.
A empresa que rexentaba, 'Newtec', era provedora de catalizadores da multinacional xaponesa Toyota, que lle acusa de estafa e reclámalle o millón de euros que pagou por uns colectores de material falsificado.
A Fiscalía pide para este empresario unha condena de seis anos de prisión e multa por enviar 36 colectores cheos de area e la en lugar de po catalítico, que é o que lle compraban.
O home exportaba po catalítico produto de triturar catalizadores gastados que ten un alto contido en metais preciosos.