Marín abre este luns o prazo de inscrición para o campamento de verán
Por Redacción
O tradicional campamento municipal de verán que o Concello de Marín organiza en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia no seu réxime de oferta concertada, xa ten datas e lugar de celebración.
A que vai ser a vixésima edición deste campamento de pernoita, celebrarase este ano no campamento xuvenil de Pontemaril (Forcarei) do 17 ao 28 de agosto.
Un total de 42 prazas é o límite máximo de inscricións que admite esta nova edición, cun custo de 90 euros por participante.
Este próximo luns 19 de xuño ábrese o prazo de inscrición nas oficinas da OMIX de Marín, sitas no Museo Torres, a partir das 11.00 da mañá. Hai un prazo de cinco días para inscribirse e o venres 23 de xuño publicarase a listaxe definitiva, segundo rigorosa orde de rexistro de inscrición, sendo necesario estar empadroado en Marín. Unha vez publicado a listaxe definitiva, abrirase un novo prazo de tres días para realizar o pago para partir do luns 26.
Unha infinidade de actividades de verán esperan aos participantes, dirixido para nenos de 8 e 14 anos cumpridos en 2017, como premio a un merecido descanso escolar.