Plan especial en Sanxenxo para tapar buracos
Por Redacción
As concellerías de medio ambiente e servizos puxeron en marcha un plan especial de bacheo de fronte ao verán para mellorar o estado de pistas e viarias.
Trátase de actuacións encamiñadas a corrixir danos durante uns meses, pero a longo prazo hai que planificar a mellora dun número importante de pistas e viarias, especialmente no rural.
As concellerías van actuar nun total de 17 pistas de titularidade municipal.
En Vilalonga: O Castro, dos en Gondar, Os Pasales. En Padriñán: de la Iglesia a Padriñán, Rúa das Conchas e A Florida. En Adina: Aios, Arra e Piscina. En Noalla: As Pontes, Copetiño, As Salinas. Dorrón: Valle, Castro-Torre, Freixeiro-Outeiro. Bordóns: Bouza-Fonte Buxanda.
Ademais, este venres, o concelleiro de Infraestruturas, Daniel Fernández, estivo acompañado dun técnico municipal na Granxa, onde pola acción do mar produciuse unha focha no viario, que será emendado ao longo da xornada de hoxe, reforzando o lugar con formigón e a súa cubrición posterior cunha capa de asfalto para garantir a seguridade de vehículos e transeúntes.