Dúas persoas resultan feridas en dous accidentes en Sanxenxo
Por Redacción
Dúas persoas resultaban feridas na mañá deste xoves 15 en Sanxenxo. O primeiro acccidente rexistrábase en Portonovo cando un veciño resultaba ferida ao caer da moto na que circulaba. O accidente producíase na estrada da Lanzada.
O 112 Galicia recibía un aviso de Urxencias Médicas ás 09.30 horas. Desde o CAE 112 Galicia informaban os Bombeiros do Salnés, ao servizo municipal de Emerxencias de Sanxenxo, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.
Minutos máis tarde, unha persoa tamén resultaba ferida na zona de Mariñán en Sanxenxo tras ser atropelada por un vehículo.
A vítima foi trasladada polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario. Urxencias Médicas alertaba do ocorrido ao 112 Galicia ás 10.00 horas.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informaba os Bombeiros do Salnés, ao servizo municipal de Emerxencias de Sanxenxo e á Garda Civil de Tráfico.