Intercambio de ideas entre os representantes da Administración do Estado na provincia
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, reuniuse, nunha primeira toma de contacto, cos representantes da Administración do Estado na provincia. O encontro, ao que acudiron membros dos organismos non integrados na Subdelegación do Goberno, tiña como obxectivo analizar o funcionamento dos mesmos.
É a primeira reunión deste tipo que se celebra desde que tomou posesión no cargo Ana Ortiz e o seu obxectivo principal é dar conta da situación dos diferentes servizos, así como favorecer unha maior cohesión e coordinación nas súas actuacións. De carácter informativo, este encontro pretende profundar no traballo en equipo así como no intercambio de ideas e experiencias, co fin de mellorar o servizo prestado á cidadanía. Deste xeito, convocarase de maneira periódica para promover a coordinación.
Na reunión estiveron presentes, ademais da subdelegada do Goberno e o secretario xeral da Subdelegación, José Félix López Araújo:
- O representante da Delegación provincial de Economía e Facenda, Santiago Valdés
- O director do Centro penal da Lama, José Ángel Vázquez Yáñez
- A directora provincial accidental de Muface, Margarita Sánchez Cabezudo
- O comisario provincial da Policía Nacional de Pontevedra, Manuel Bouzas
- O coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Miguel Estévez
- O xefe da Inspección Provincial de Traballo, José María Casas de Ron
- O director do Fogasa, Sebastián Mayo
- A directora do Servizo Público de Emprego Estatal, Mercedes Juesas
- A directora do ISM de Vigo, Rosa María Alonso Aragón
- O director do ISM de Vilagarcía, Carmelo Castro
- O representante do Instituto de Investigacións Mariñas, Alejandro Rodríguez
- A directora da Misión Biolóxica de Galicia, Elena Cartea
- O director provincial do INSS, Luís Pérez
- A secretaria provincial da Tesourería da Seguridade Social, Dores Rocha
- A xefa do servizo provincial de Costas, Cristina Paz-Curbera
- A directora do Centro Oceanográfico de Vigo, María Vitoria Besada
- O xefe provincial da Inspección das Telecomunicacións, Daniel Díaz
- O xefe da Unidade de Estradas do Estado, Pablo Domínguez
- O capitán marítimo de Vigo, Juan José Escolar Calzón
- O representante da Capitanía Marítima de Vilagarcía, Manuel Calderón
- O avogado do Estado, Juan José Vázquez Seijas
Relacionadas:
-
Traballadores de prisións protestarán en Pontevedra contra a "falta de persoal" e contra "a política de privatización"
Por Oskar Viéitez |
-
O comité de empresa de Elnosa pide a Ana Ortiz que presione para acelerar a concesión de Costas
Por Anxo Lourido |
-
Máis persoal e obras no primeiro piso da Comisaría, principais demandas do SUP a Ana Ortiz
Por Redacción |