Unha picadura de avespa provoca un accidente de circulación en Moraña
Por Redacción
Unha persoa tivo que ser atendida este mércores por efectivos de Urxencias Médicas tras sufrir un accidente co seu coche debido á picadura dunha avespa.
A picadura en cuestión provocou que perdese o control do vehículo que conducía e terminase chocando con outro coche aparcado, no termo municipal de Moraña, segundo informa o 112 Galicia.
Unha ambulancia desprazouse ata o lugar pasadas as 11:00 horas, chegando a mobilizarse o helicóptero médico ao atoparse a persoa accidentada sen sentido, aínda que ao reaccionar anulouse esta petición.
O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia trasladou o aviso á Policía Local e á agrupación de Protección Civil de Moraña.