Deteñen dous individuos que atracaron un mozo na Ponte das Cabras
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional detiveron dous homes de 49 e 29 anos, con domicilio en Pontevedra, con múltiples antecedentes policiais, como presuntos autores dun roubo con violencia.
Segun informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra, os feitos tiveron lugar na madrugada do día 3 de xuño ás 01.00 horas, cando dous individuos abordaron un mozo que volvía á súa casa.
Achegáronselle e nun principio pedíronlle un euro aínda que un deles púxolle un obxecto punzante no pescozo ameazándolle con cravarllo e dicindo: "me das el dinero o te mato", ante o cal o mozo lles entregou a carteira e observou como fuxían pola Ponte das Cabras.
Os axentes tras solicitar datos sobre o sucedido iniciaron un dispositivo de procura para tratar de identificar aos presuntos autores do roubo con violencia que foron localizados o día 9 de xuño, un deles, na Praza da Ferrería, e o outro, nas inmediacións do polígono do Vao.
Unha vez detidos foron trasladados a dependencias policiais onde se tramitou o correspondente atestado.