Dúas persoas resultan feridas nunha colisión múltiple en Poio
Por Redacción
Dúas persoas resultaban feridas nunha colisión múltiple que se rexistraba ao redor das 22.00 horas deste sábado 10 no municipio de Poio.
Segundo a información facilitada polo Servizo de Emerxencias do 112, no sinistro víronse implicados tres vehículos na Avenida dos Encoirados, na estrada PO-308.
Un particular alertaba ao 112 Galicia do accidente. Desde o Centro de Atención de Emerxencias informábase a Urxencias Médicas, ao GES de Sanxenxo, a Protección Civil e á Policía Local de Poio, ademais da a Garda Civil de Tráfico.