A SCD Ponte Caldelas festexa o remate da tempada cunha paella para 250 persoas
Por Redacción
A SCD Ponte Caldelas recuperou a tradicional comida de fin de curso da Escola Deportiva Municipal de Fútbol cunha paella para 250 persoas. O Concello apoiou este evento que marca o remate da actual tempada. Entre os asistentes atopábase o alcalde Andrés Díaz, que felicitaba os éxitos logrados durante este ano co ascenso de categoría do primeiro equipo.
A comida celebrábase na zona arborizada situada á entrada do campo de fútbol. As instalacións deportivas serviron como espazo para a elaboración da enorme paella.
O Concello fíxose cargo de toda a loxística necesaria para recuperar este tradicional encontro, que levaba anos sen celebrarse, segundo indican fontes municipais.