O corredor do Morrazo pechará sete meses para salvar o castro de Montealegre
Por Oskar Viéitez
O corredor do Morrazo permanecerá pechado sete meses, desde outubro deste ano a maio de 2018, debido á modificación do proxecto do desdobramento do túnel de Domaio para a salvación do castro de Montealegre.
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, informou este venres aos alcaldes de Bueu, Félix Juncal; Cangas, Xosé Manuel Pazos e Moaña, Leticia Santos.
A solución técnica levará un axuste na entrada en funcionamento dos dous primeiros tramos en construción da nova autovía entre Domaio e Meira, que se atrasará de finais de 2017 ano a maio de 2018.
O proxecto orixinal contemplaba a construción dun túnel paralelo ao existente polo lado do mar da estrada e a unha cota máis baixa que afectaba a parte do castro.