Denunciado por conducir mentres dá para comer un iogur a unha nena de catro anos
Por Natalia Puga
A Policía Local de Pontevedra denunciou un condutor ao que unha patrulla sorprendeu conducindo mentres daba para comer un iogur a unha nena de catro anos que viaxaba no asento do acompañante sen ningún tipo de seguridade.
Unha patrulla que realizaba un control de tráfico na contorna das Corbaceiras sobre as 17.00 horas deste xoves viu pasar un coche no que o condutor compatibilizaba a tarefa de conducir e a de dar para comer a unha nena que ía sentada no asento dianteiro do acompañante.
Ante tal escena, a patrulla empezou a seguir ao coche e a facerlle sinais luminosos e acústicos ao condutor para que se destuviese, pero o home non se decatou da presenza do coche policial, de modo que tiveron que adiantarlle para pedrille que se detivese. Circulaba en dirección á avenida de Marín.
Cando os axentes paráronlle descubriron que coa man esquerda suxeitaba o volante e un petit-suisse e na dereita levaba unha culleriña coa que daba para comer a unha nena.
Segundo confirmou a Policía Local, a nena, ademais, non levaba a cadeira homologada nin tampouco o cinto de seguridade, de modo que o denunciaron por dúas infraccións, unha leve e unha grave: condución desatenta e non levar os dispositivos de retención infantil obrigatorios.
Estas dúas infraccións supoñen o pago de 300 euros de multa e poden implicar a retirada de ata seis puntos do carné de conducir.