Ferida unha muller atropelada por un camión que ía marcha atrás en Cuntis
Por Redacción
Unha muller necesitou asistencia sanitaria este venres tras ser atropelada por un camión cando ía marcha atrás en Cuntis. Ocorreu sobre as 10.30 horas da mañá.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o propio condutor do vehículo alertou do ocorrido. Chamou ao 112 e relatou que arroiara unha muller cando ía marcha atrás.
O condutor sinalaba que a vítima tiña unha ferida na cabeza e atopábase nun lugar accesible. Foi asistida e traslada por unha ambulancia de Urxencias Médicas de Galicia
O 112 requiriu a intervención de Urxencias Médicas, a Garda Civil de Tráfico, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Estrada e Protección Civil de Cuntis