Organizan un festival para recadar fondos para as novas campás de San Roque
Por Oskar Viéitez
A parroquia de Santa María a Maior de Pontevedra organizou para a tarde do domingo 18 de xuño na Praza Alonso de Fonseca un festival lúdico, con actuacións musicais, onde tamén se realizará un sorteo a fin de recadar fondos para custear a refundición das campás da capela de San Roque.
Ese día tamén terá lugar unha xornada de convivencia para a comunidade parroquial, aberta a toda a cidade, coa que se pechará o curso pastoral 2016-2017.
Dará comezo cunha misa solemne, ás 12:30 horas na Real Basílica. Ao seu remate, a imaxe da Santísima Trindade, nun anda levada pola Confraría do Espírito Santo, sairá en procesión pola Avenida de Santa María, amenizada pola banda de gaitas e percusión Foula de Cotobade, grazas á colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.