Comezan en Noalla a mellora do firme da Vía rápida do Salnés
Por Oskar Viéitez
Este xoves empezaron os traballos de rehabilitación do firme da vía de alta capacidade do Salnés (VG-4) no tramo máis próximo á saída de Noalla, no concello de Sanxenxo, que executa a Consellería de Infraestruturas e Vivenda.
As obras, que contan cun orzamento de case 60.500 euros, permitirán mellorar o pavimento existente a través da execución de microaglomerado en frío. Dende a Xunta de Galicia sinalaron que o problema deste tramo é a falta de adherencia que presenta, polo que é importante a súa renovación periódica para dotala de bos parámetros de textura, recuperando as características antideslizantes da rodaxe actual, deteriorada polo tráfico e as condicións climáticas.
As obras execútanse ao longo de máis de catro quilómetros de lonxitude.
As obras execútanse ao longo de máis de catro quilómetros de lonxitude
Estes traballos permitirán poñer en marcha medidas preventivas y paliativas sobre un total do pavimento, procedendo ao seu selado mediante a execución dun microaglomerado en frío dunha única capa que impedirá a entrada de auga na sección do firme, minimizando así o seu deterioro e alargando a súa vida. Aplicaranse 33.350 metros cadrados de microaglomerado en frío, 8.000 metros lineais de pintura acrílica de 10 centímetros de ancho e outros tantos de 15 centímetros, así como outros 2.000 metros de pintura de 30 centímetros.
Se as condicións meteorolóxicas o permiten estará listo a próxima semana.
Se as condicións meteorolóxicas o permiten estará listo a próxima semana
Durante o tempo que duren os traballos cortarase un carril ao tráfico, o que se solucionará utilizando os dous enlaces de Adina e de Noalla. No tramo final da obra, instalaranse semáforos de obra ou señalistas.
A mellora da seguridade viaria neste entorno rematarase coa instalación dun paso de peóns semaforizado con botón no acceso á Lanzada e a Revolta e a aplicación de aglomerado da calzada ao longo dun quilómetro nese tramo.