Pide axuda á Policía ao pecharse o coche co seu bebé de ano e medio e as chaves dentro
Por Natalia Puga
Unha patrulla da Policía Local de Pontevedra tivo que intervir ao mediodía do martes para axudar unha nai que solicitou asistencia para rescatar ao seu bebé dun ano e medio que lle quedara encerrado dentro do coche.
Todo ocorreu sobre as 15.00 horas. Unha persoa saíu ao encontro dunha dotación da Policía Local que estaba a realizar un control de alcoholemia para pedirlle que prestase axuda a unha muller que tiña o coche aparcada na zona de estacionamento do colexio Vidal Portela de Pontevedra.
Cando os axentes chegaron ao lugar e se entrevistaron coa muller, relatoulles que estaba a poñer ao seu bebé na cadeira cando, sen darse conta nin saber como ocorreu, pechóuselle a porta do coche e non podía abrir. As chaves estaban no contacto e o neno era demasiado pequeno como para poder abrir desde dentro.
Segundo informou a Policía Local, os axentes procederon a romper un dos cristais dianteiros do coche, un Citroën Xsara, para poder coller desde alí as chaves e así abrir o coche desde fóra e rescatar ao bebé.