Este xoves 8 de xuño tivo lugar a segunda das "Chácharasdopuntazo", incluída no proxecto municipal Pontevedra ten un puntazo.
Para esta ocasión a cita reuníu na Casa das Campás a tres empresas do sector creativo: Ana Seoane do deseño; José Chas da fotografía e Producciones Mutantes, do vídeo. Acompáñannos Ana, José e Gero Costas ademais da concelleira Carmen Fouces.
Todas as partes coinciden en que esta iniciativa, ademais de visibilizar os seus traballos, tamén facilita o acceso a novos clientes, xa que estes participan na proposta. Outro beneficio engadido, permite expor proxectos multidisciplinares entre as distintas empresas creativas radicadas na cidade. E un dato para apuntar, o respaldo que reciben fai que queiran asentarse e crecer en Pontevedra, "traballar desde aquí", como afirma José Chas.
Desde o Concello de Pontevedra, Fouces, expón neste programa de PontevedraViva Radio que con esta iniciativa do Puntazo creouse un "ecosistema creativo vangardista" que está a levar xa a un "principio de eclosión" que fará que a cidade sexa unha referencia neste tipo de industria como é a creativa.