Lores: "As cidades intelixentes son as que fan que as persoas que viven nelas sexan felices"
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, participou este mércores na mesa de alcaldes celebrada en Greencities, Foro de Intelixencia e Sostenibilidade que abriu as súas portas en Málaga.
Neste espazo de exposición, debate aberto, avaliación e reflexión tiña ao lado outros cinco rexedores: a alcaldesa de Cáceres, Elena Nevado; á de L ́Hospitalet del Llobregat, Nuria Marín; ao alcalde de Jaén, Javier Márquez; ao de Málaga, Francisco de la Torre e ao de Vila-Real, José Benlloch.
Lores explicou que para el "as cidades intelixentes son as que fan que as persoas que viven nelas sexan felices" e definiu novas tecnoloxías como "unha ferramenta que acompaña ás decisións políticas", pero subliñando que son estas as que mudan unha cidade e transforman a vida das persoas.
Neste senso lembrou e reivindicou as competencias municipais sobre o espazo público para, de seguido, falar da transformación urbana de Pontevedra.
Representantes institucionais, profesionais e empresas teñen neste foro de Greencities un punto de encontro para amosar e intercambiar experiencias, produtos e servizos dirixidos á mellora da calidade de vida das persoas e vencellados ao desenvolvemento das chamadas cidades intelixentes (smart city).
Relacionadas:
-
Guinea Bissau 'bebe' da experiencia e o modelo de desenvolvemento de Pontevedra
Por Redacción |
-
Melilla fíxase en Pontevedra para mellorar a seguridade viaria
Por Redacción |
-
As cidades integradas na rede Tonucci ven irreversible a recuperación do espazo público
Por Redacción |
-
México, destino da primeira misión empresarial impulsada polo Concello
Por Alejandro Espiño |