Medio Ambiente repara os colectores soterrados
Por Oskar Viéitez
A concellería de Medio Ambiente está a reparar os sete colectores soterrados que levaban moito tempo sen funcionar, nalgún caso desde hai máis dun ano. Os colectores que se están reparando son:
- 2 colectores na rúa Augusto González Besada, á entrada do porto deportivo de Sanxenxo
- 1 gran colector compactador que ten Nauta, para dar servizo aos locais do porto deportivo e que levaba moito tempo estragado.
- 1 na rúa Madrid, diante do Pazo dos Patiño.
- 1 no Mercadona, en Sanxenxo.
- 1 na Avenida de Luís Rocafort.
- 1 en Portonovo, na urbanización pegada á praia de Canelas.
Tamén se está facendo unha posta a piques de todos os colectores do Concello, tanto dos subterráneos como dos convencionais de plástico. Está previsto que os traballos se prolonguen durante esta semana e a seguinte. O custo de reparación e posta a piques dos colectores é de 5.800 euros.
Relacionadas:
-
Sanxenxo contratará un servizo de mantemento dos contedores soterrados
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo négase de maneira rotunda a instalar colectores soterrados en Luís Rocafort
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo detecta problemas de seguridade nos colectores soterrados e busca solucións
Por Redacción |