David Sueiro Quinteiro é un dos concursantes da próxima edición de "Granjero busca esposa" que emitirá Cuatro en setembro. Agora este cesureño de residencia está inmerso na súa gravación e promoción; así que veremos en tres meses se cumpriu o seu propósito ao participar neste reality.
Polo momento, nesta Playlist de PontevedraViva Radio conta como é. El, o seu traballo, a súa empresa, os seus gustos, afeccións e preferencias musicais.
É moi posible que en Moaña acórdense de David. Viviu no municipio morracense ata os 21 anos; aínda que antes, moitísimo antes - con tres anos, conta-, xa intuía que o seu, a súa "zona de confort" estaba no campo, na vida do rural.
Alí, en Vila de Cruces, onde como di el: "o galo é como o xamón a Xabugo", puxo en marcha a súa empresa "Galo Celta". Facendo uso da famosa retranca galega, hai que dicir que David ten os ovos máis caros do mundo. Ruborízase cando lle pides que o explique.
A idea do negocio que lle está facendo triunfar, tróuxolla dunha viaxe que fixo cunha noiva á República Dominicana. "Vendo como fago o meu produto" e o seu produto cómpranllo estrelas Michelín como Martín Berasategui ou Pepe Solla. Por algo será.