Medio Rural presenta as axudas para mellorar camiños rurais
Por Oskar Viéitez
Os concellos de Pontevedra recibirán unha axuda total de 3,2 millóns de euros para o acondicionamento de camiños rurais de titularidade municipal. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presentou este martes os detalles desta iniciativa aos alcaldes da provincia.
Ángeles Vázquez destacou que esta intervención nos camiños enmárcase no obxectivo xeral do goberno galego de fixar poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes.
Entre as novidades, o Concello de Cerdedo-Cotobade viu incrementados os cartos que recibe grazas á fusión.
650 QUILÓMETROS
A posta en valor de vías rurais permitirá actuar nuns 650 quilómetros en toda Galicia ao longo dos vindeiros dous anos, segundo explicou a conselleira aos rexedores municipais.
Trátase, dixo, de facilitar a accesibilidade a fincas e explotacións agroforestais, así como aos núcleos de poboación, cunha porcentaxe de axuda do 100% dos gastos subvencionables, agás o IVE, que correrá a conta dos concellos.
A titular de Medio Rural explicou ademais que o reparto destes fondos fixóse de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tendo en conta criterios obxectivos, como a poboación ou a ruralidade.
Barro | 41.742,46 euros |
Bueu | 47.676,42 euros |
Caldas de Reis | 49.124,79 euros |
Cambados | 43.045,99 euros |
Campo Lameiro | 39.552,48 euros |
Cerdedo Cotobade | 103.929,81 euros |
Cuntis | 54.752,50 euros |
O Grove | 41.399,42 euros |
A Lama | 57.726,80 euros |
Marín | 40.567,23 euros |
Meaño | 43.251,81 euros |
Meis | 56.446,50 euros |
Moraña | 40.255,38 euros |
Pontevedra | 64.099,63 euros |
Portas | 47.752,65 euros |
Poio | 43.732,06 euros |
Ponte Caldelas | 42.164,10 euros |
Ribadumia | 45.923,13 euros |
Sanxenxo | 47.093,81 euros |
Vilaboa | 43.457,63 euros |
Vilagarcía de Arousa | 47.848,48 euros |
Vilanova de Arousa | 39.569,31 euros |
A Illa de Arousa | 40.164,50 euros |