As institucións gardan un minuto de silencio en repulsa polos atentados de Londres
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
As institucións pontevedresas han gardado ás 12,00 horas deste luns un minuto de silencio en repulsa polos atentados que se rexistraron na noite do sábado en Londres, con polo menos sete persoas mortas e unhas 50 feridas.
A concentración silenciosa ante a porta principal da Subdelegación do Goberno condenou o atentado que tivo lugar na capital inglesa e tivo tamén coma obxevtivo expresar as condolencias e o apoio ás vítimas do ataque.
Tamén se gardou un minuto de silencio nas portas do concello, co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores que estivo acompañado por distintos membros da corporación local xunto a traballadores municipais.
Todos condenaron o atentado e lamentaron a intolerancia dos que pretenden romper o modelo de convivencia facendo un chamamento á unidade de todos os demócratas como unha ferramenta crave para loitar contra o terrorismo.
Ademais repetíronse as mostras de solidariedade coas vítimas, as súas familias e todo o pobo inglés.
Namentres, o Goberno de España determinou que as bandeiras ondearán a media hasta en todos os edificios públicos, desde as 9,00 horas deste luns 5 de xuño ata as 9,00 horas do mércores 7 de xuño.